Os contagios soben e a Xunta de Galicia pecha a capital xunto ás demais principais cidades galegas. EFE
Xosé Sánchez Bugallo pide aos veciños e veciñas de Santiago que cumpran coas novas restricións impostas pola Consellería de Sanidade, que establecen o peche perimetral conxunto dos concellos de Santiago, Ames e Teo a partir das 15.00 horas deste venres 30 de outubro.
Trala conversa mantida coa xerencia do Sergas, o rexedor compostelán indicou que "non é unha decisión que nos sorprenda" porque "os datos siguen crecendo, aínda que a menor ritmo".
A día de hoxe Santiago chega aos 462 casos activos, "cifra moi elevada", que xustifica, segundo Sánchez Bugallo, que se tomen estas medidas.
"Como é habitual imos apoiar as decisións do comité clínico e imos colaborar na súa aplicación e no seu cumprimento", recalcou o alcalde, a quen lle parece "sensato" que o peche perimetral inclúa os municipios limítrofes de Teo e Ames "porque hai tal nivel de integración entre…
…os tres concellos que é difícil establecer unha separación".
Sánchez Bugallo fixo un chamamento á poboación para que cumpra con estas novas restricións para evitar o aumento dos contaxios, que, "proceden nun 80% do ámbito familiar". "O problema está nos ámbitos nos que nos relaxamos.
Temos que ser todos prudentes e responsables", recalcou.
You can follow @O_Peregrino_.
Tip: mention @twtextapp on a Twitter thread with the keyword “unroll” to get a link to it.

Latest Threads Unrolled: