Na miña TL está a desenvolverse unha interesante discusión sobre o concepto de «divulgación» no eido das Humanidades; mellor dito: sobre o emprego do vocábulo «divulgación» para facer referencia a certo tipo de actividades de difusión do coñecemento.
Con toda a autoridade que a miña traxectoria me confire (ou sexa, con ningunha), eu dígovos que a divulgación, como as publicacións académicas, pode ser de boa ou de mala calidade.
Non creo que faga ningunha falla renunciar ao termo, sinceramente. O que cómpre é que haxa liberdade de discusión e de crítica, condicións necesarias para a eliminación dos erros (hoxe estou moi popperiano, como vedes).
Certo é que a discusión e a crítica só exercen o seu benéfico papel cando todas as partes implicadas teñen un certo compromiso moral coa idea de verdade (irrenunciable, con todas as apostelas que queirades poñerlle).
Se o noso único obxectivo é entreter o público (ou confirmar os seus prexuízos), é probable que oïamos as observacións dos nosos pares con indiferenza, cando non con displicencia.
Hai unha parte do público que non quere aprender, senón divertirse —propósito moi loable— e volver escoitar o que xa sabe (ou cre saber). Antes ou despois (antes!), aparecerán divulgadores dispostos a satisfacer esa demanda.
Poñereivos un exemplo co que teño unha pouca de familiaridade (pouca, eh?).
Dende hai décadas, os especialistas en literatura dos séculos áureos saben que o inimigo acérrimo de Góngora¹ non foi Quevedo, senón Lope de Vega.

¹ E dun dos seus comentaristas: o extravagante D. José Pellicer de Ossau Salas y Tovar, autor das «Lecciones solemnes».
Nuns tempos nos que a fortuna dun escritor —en todos os sentidos da palabra— dependía, en boa medida, do favor e patrocinio dos notables, Lope viu o Góngora do «Polifemo» e as «Soledades» como un perigoso rival.
Cando a «nueva poesía» de D. Luis comezou a circular (manuscrita, claro), o Fénix respondeu con gran presteza... e con non menor malicia, aínda que simulando distinguir entre o mestre e os seus imitadores.
Ahí está, p. ex., o seu «Discurso de la nueva poesía», incluído en «La Filomena» (1621).
E máis tarde, despois da morte de Góngora (1627), os ataques —xa en verso— foron feroces.
«Pululando de culto, Claudio amigo...»
«—Boscán, tarde llegamos. ¿Hay posada?»
«Cediendo a mi descrédito anhelante...»
«Conjúrote, demonio culterano...»
Etc., etc., etc.
Todo o cal —insisto— é cousa sabida dende hai ben de tempo.
(Non vos ofrezo bibliografía porque non quero aburrirvos e, sobre todo, porque hay «embarras du choix».)
Mais o público —parte del, cando menos— quere oír UNHA VEZ MÁIS que Quevedo foi o máis feroz e determinado inimigo de D. Luis.
O divulgador que estea disposto a lle cumprir o gusto terá máis probabilidades de éxito ca o que decida ir contracorrente.
...
...
...
Wow, I didn’t expect this to blow up like it did! I’m silencing this thread now. Thank you. ❤️❤️❤️
You can follow @Pablo_Ce_Ele.
Tip: mention @twtextapp on a Twitter thread with the keyword “unroll” to get a link to it.

Latest Threads Unrolled: